Para a última reunión deste curso LeA Casa cambiou a Biblioteca pola cafetería, e Ana Paula sorprendeunos cun saboroso doce de noces. Así a Infamia da que estabamos a falar foi un pouco menos dura.
A obra gustou, pero, como adoita suceder, catro lecturas deron lugar a catro interpretacións diferentes desta historia angustiosa e cun final aberto e, nalgún caso ata decepcionante. Por que non continúa a historia? Que pensa facer Branca Giraud? Desde aquí animamos a Ledicia Costas a que nos conte, nunha segunda parte, que vai ser deses personaxes traumatizados e violentos ou violentados.
Pola nosa parte, decidimos que no verán leremos A culpa, de María Solar, aproveitando que xa temos a guía de lectura para irnos solventando dúbidas. Pero un só libro non dá para nada, así que as novidades que acaban de chegar á Mario Pereira terán unha lectura estival nos fogares das nosas familias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario