mércores, 28 de abril de 2021

Encontro con Alba Rozas

O venres, 7 de maio, terá lugar na Biblioteca un Encontro coa filóloga e escritora lalinense Alba Rozas ao fío da lectura da súa novela A caída de Guiomar por parte do Club de lectura:



xoves, 22 de abril de 2021

Trama Irmau e o Día do Libro

O Club de Lectura Trama Irmau, so a coordinación de Uxía Nogueira, quixo conmemorar o Día do Libro coa realización dun vídeo que nos amosa unha visión multicultural do libro. A edición é de Severiano Casalderrey.
O resultado aquí o tedes: animación á lectura dun xeito lúdico.

martes, 20 de abril de 2021

Mario Pereira : en casa de seu

 Hoxe tivo lugar o programado Encontro con Mario Pereira dos Clubs de lectura de 1º da ESO ABCD e Rabo Rizado arredor de "Contos para Manuela", encontro que se desenvolveu na Biblioteca Mario Pereira (espazo ideal). 

Mario, faloulles de como xurdiron os Contos para Manuela, da súa experiencia como docente e do seu facer literario. Tamén saíu ben parado das incisivas preguntas ás que foi sometido.
A seguir un par de fotos do acto:




sábado, 17 de abril de 2021

Encontro con Mario Pereira

O martes, 20, haberá un Encontro con Mario Pereira dos Clubs de lectura de 1º da ESO ABCD e Rabo Rizado arredor de "Contos para Manuela".