xoves, 24 de xuño de 2021

Ao fío da excursión a Portomoraín do Club de electura

Ao fío da excursión a Portomarín do Club de lectura, recibimos no blog Trama Irmau tres interesantes reflexións sobre a novela que motivou a viaxe, O misterio de Portomarín, e outra sobre a propia viaxe.

"Primeiro Portomarín e logo Castrelo do Miño..."

Gustoume moito o libro "O misterio de Portomarín" xa que  me tira moito este tipo de libros e a súa trama, cada vez que pasaba ao seguinte capítulo do libro enganchábame máis. Pareceume un libro moi bo e entretido, sobre todo ao final, xa que ten moita intriga e éntrache máis curiosidade sobre o que vai pasar despois. Recomendo esta obra ao 100%, tanto para adolescentes como para persoas máis vellas ca min.

Martin Díaz 

A min este libro gustoume moito. A trama paréceme moi interesante e fai que te enganches ao libro. É unha obra adecuada para a nosa idade, xa que non ten un vocabulario moi complexo e está todo moi ben explicado e narrado. Tamén me gusta a presentación: tanto a portada do libro, como a distribución dos capítulos. 

María Villamarín

O misterio de Portomarín gustoume moito porque cada vez que rematabas un dos capítulos, este enlazaba co seguinte e sempre quedabas coa intriga ata o final do libro. Tamén hai partes interesantes sobre a historia de Portomarín, coma a historia do embalse de Belesar.

Samuel Fernández

Sobre a excursión

A viaxe a Portomarín gustoume moito xa que coñecín un lugar novo na nosa terra galega. Nunca cheguei a pensar que un albergue fose coma o que vimos, cheo de liteiras, e, sobre todo, impactoume un cartel que vin alí que poñía “Silencio a partir das 23:00 h”. 
A igrexa de San Nicolao pareceume preciosa e coñecer a súa verdadeira historia do porqué se fixo así tamén. Despois de todo iso, fixemos a camiñada do río Loio, sendo este un hábitat natural único de Galicia, foron 7 km de chuvia, risas e ganas de chegar a ese final onde nos esperaban aqueles marabillosos xeados, que sabían xenial!

Samuel Fernández 

Así mesmo o alumnado do Club de lectura elaborou unha completa reportaxe gráfica sobre o evento:

Á esquerda, as pedras numeradas de San Nicolao (Antón). Á dereita, o río Miño (Xiana)

Ruta do Loio de Samuel e Xiana, respectivamente

Á esquerda, igrexa de San Pedro (Samuel); á dereita, San Nicolao (Iris e Uxía)

Á esquerda, Ponte da Retorta (Iris e Uxía); á dereita, fervenza (Samuel)

Igrexa de San Nicolao, fachada e porta (Martín Díaz)

Á esquerda, igrexa de San Pedro (María); á dereita, fonte fronte á igrexa (Martín Díaz)

Casa onde apareceu o óso (María) e casa asolagada (Martín Díaz)

Á esquerda, Hotel Ferramenteiro; á dereita, inicio da ruta do Loio (Iris e Uxía)

Á esquerda, alambique (Carlos); á dereita, escalinata e capela das Neves (María)

Á esquerda, xoaniña na lavanda (Antón); á dereita, flor de romeu (María)

Á esquerda, marca de canteiro en San Nicolao (Antón); á dereita, igrexa de San Nicolao (Carlos)

                               Á esquerda, fervenza (Carlos); á dereita, fervenza da Ruxidoira (Antón)

Carballo milenario (María)

Ponte nova sobe a vella (María)

A tropa do Club de lectura

sábado, 19 de xuño de 2021

A excursión-premio do Club de lectura : na procura do Misterio de Portomarín

E chegou a fin de curso... E con ela a tan ansiada visita a Portomarín, escenario das aventuras de Antón, Sabela, Iria, Carola e Venres. A choiva ameazaba con estragarnos o día, pero os intrépidos aventureiros da Trama Irmau puxeron os seus chuvasqueiros e entraron na vila confundíndose cos poucos peregrinos que este venres se achegaban ao encoro de Belesar. 

En vindeiros días poderemos ver na Marela as fotografías que eles mesmos fixeron desta xornada de cultura e ocio, Portomarín e a Ruta do río Loio deron para moitos momentos de diversión. Aquí vos deixamos un adianto.

 







E como non, o noso agradecemento a Manuel, responsable do Albergue Ferramenteiro, e aos Concellos de Portomarín e Paradela, que nos facilitaron a organización deste pequeno, pero ben merecido, premio para os nosos lectores.


xoves, 10 de xuño de 2021

Atxaga, a Oca e o Club de lectura ABCD

O curso está rematando, pero os integrantes de ABCD non queren deixar de asistir ás reunións do club, desta vez da man de Bernardo Atxaga e os relatos de Obabakoak. E xa que el  mesmo explica "a modo de autobiografía" que, por veces, a nosa vida é coma o xogo da Oca, decidimos botar unha partidiña como grupo e ver se chegabamos ao recadro final desa oca nai. E chegamos!!!

Pedimos prestado un taboleiro, un superdado (para que "os fados", como di Atxaga, nos sexan propicios) e xogamos... Hoxe, a oca, símbolo de sabedoría, aunou lectura e xogo para estes cativos, o esperanzador futuro da nosa biblioteca.

E con vídeo!