Amosando publicacións coa etiqueta Infamia LeA Casa Club de lectura Familias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Infamia LeA Casa Club de lectura Familias. Amosar todas as publicacións

martes, 13 de xuño de 2023

LeA Casa e Infamia

Para a última reunión deste curso LeA Casa cambiou a Biblioteca pola cafetería, e Ana Paula sorprendeunos cun saboroso doce de noces. Así a Infamia da que estabamos a falar foi un pouco menos dura. 

A obra gustou, pero, como adoita suceder, catro lecturas deron lugar a catro interpretacións diferentes desta historia angustiosa e cun final aberto e, nalgún caso ata decepcionante. Por que non continúa a historia? Que pensa facer Branca Giraud? Desde aquí animamos a Ledicia Costas a que nos conte, nunha segunda parte, que vai ser deses personaxes traumatizados e violentos ou violentados.

Pola nosa parte, decidimos que no verán leremos  A culpa, de María Solar, aproveitando que xa temos a guía de lectura para irnos solventando dúbidas. Pero un só libro non dá para nada, así que as novidades que acaban de chegar á Mario Pereira terán unha lectura estival nos fogares das nosas familias.