O alumnado que participou na viaxe lúdico-didáctica á Coruña, como premio para os clubs de lectura e os campións e as campioas da nosa Olimpíada do Saber, achegounos as súas reflexións. Aquí volas deixamos, con fotografías de Pablo Pérez, Carlota Gutiérrez e Sara Presas.
Cabaliños de mar e tiburón en fotografías de Pablo Pérez
A min esta excursión pareceume moi divertida.
Puiden coñecer mellor a outros compañeiros e pasalo ben con eles. Non só iso,
tamén aprendín algo do pasado de A Coruña. Tiven a sorte de escoller eu un
libro para poder levalo para a biblioteca, e non todos poden facer iso. En
xeral, encantoume a excursión e gustaríame facer outra.
Recensión e imaxes de Carlota Gutiérrez
Despois da excursión o único que podo dicir é
que foi unha experiencia inesquecible. Despois de moito tempo sen realizar excursión ningunha cos amigos polo tema do virus, xa tiñamos ganas.
Visitamos moitos lugares moi interesantes
polo que non é fácil quedar con un en particular, porén a visita ao acuario
gustoume moito xa que a experiencia de ver a Gastón e ao resto de pequenos,
ademais de bonitos, peixes foi moi interesante e entretida.Tamén fomos ao museo do home, que eu xa
visitara, polo que esperaba que fose bastante aburrido pero estaba equivocado
xa que cambiaron algunhas cousas e xa non me acordaba ben, algo similar me pasou
coa visita á libraría, pensaba que ía ser moi pesada, pero outra vez estaba
equivocado e volvino pasar moi ben lendo o resumo dos libros e colléndoos coma
tolos.
O que máis me gustou da torre de Hércules
foron as vistas, ademais aquí aprendemos bastante da historia da cidade.
En definitiva, non esperaba pasalo tan ben ,
ademais iso de estar desfrutando mentres os teus compañeiros están na clase
facendo exercicios, e pensando no ben que o estamos pasando, senta moi ben.
Iván
Vázquez Pérez
Esta excursión pareceume superdivertida
e interesante, polo menos eu aprendín
moitas cousas dos peixes ou da historia de A Coruña. Encantaríame volver facer
outra excursión con actividades parecidas. Non me arrepinto nada do traballo
que pasamos nas Olimpíadas (do Saber), creo que mereceu a pena, e o premio
encantoume. As profesoras encantáronme e os compañeiros que me acompañaron
tamén.
Imaxe e texto: Sara Presas
Pero os clubs de lectura non podían despedir o curso sen diversión, así que competiron nun kahoot por ver quen aprendera máis na súa visita á Coruña. E marcharon para as súas casas coas mochilas cheas de novas aventuras en forma de libros e películas.