martes, 9 de marzo de 2021

Encontro con María Sánchez : o acto

Hoxe tivo lugar o programado Encontro en liña con María Sánchez ao fío das actividades organizadas para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, con alumnado de 1º do Bacharelato e 4º da ESO integrante do Club de Lectura.

Un momento do relatorio de María Sánchez
 

María Sánchez faloulles do seu libro "Tierra de mujeres", que o Club de Lectura leu, asociado ao tema "O rural das mulleres ".

A seguir unhas instantáneas do encontro, nas fotos vemos as profesoras Lara Rodríguez e Carme Frade caracterizadas de Elisa e Marcela:




 

O Encontro complementouse cun mural sobre o libro "Tierra de mujeres", elaborado polo Club de Lectura.



O acto foi organizado polo Club de Lectura e coordinado por Adriana Iglesias e Lara Rodríguez.

domingo, 7 de marzo de 2021

O Rabo rizado e ABCD

    Os lectores e lectoras do 1º ciclo de ESO xa forman dous grupos diferenciados:  a uns gústalles a maxia e a fantasía, son os Rabo Rizado; outros, pola contra, prefiren o realismo e o misterio, os ABCD. Estes últimos déixannos as súas conclusións despois da lectura da obra de Kiran Millwood en tanto as lectoras e o lector de O Rabo Rizado están ultimando os seus murais e a súa crítica. 

    A min o libro non me acabou de gustar, porque aínda que había partes moi entretidas, como cando están buscando a rapaza desaparecida, outras fixéronseme máis aburridas, por exemplo cando nos conta historias que sucederon no pasado. É un libro cuxo argumento e trama non chegan a engancharme. María Villamarín

    Non me gustou demasiado o libro A rapaza de tinta e estrelas porque me pareceu que era un pouco complexo para a miña idade, e nalgúns momentos facíaseme algo aburrido, aínda que tamén tiña partes boas, interesantes e con intriga, pero a min non me gustan os libros cun vocabulario tan extenso. Martín Díaz

    A rapaza de tinta e estrelas pareceume un libro un pouquiño aburrido para a nosa idade, tiña unha linguaxe algo complicada e explicaba moito cada parte da historia. Facíaseme aburrido que o autor explicase tanto, pero gustoume a lenda que o pai lle contou a Isabel. Samuel Fernández

A seguir o mural sobre "A rapaza de tinta estrelas":






mércores, 3 de marzo de 2021

Encontro con María Sánchez

Encontro en liña con María Sánchez ao fío das actividades organizadas para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller.


 
Acto organizado polo Club de Lectura e coordinado por Adriana Iglesias e Lara Rodríguez.

luns, 22 de febreiro de 2021

Lendo "Tierra de mujeres"

O club de lectura do segundo ciclo de ESO xa está acabando a súa lectura de Tierra de mujeres. Deben darse présa, porque o día 9 do mes que vén terán a oportunidade de preguntarlle a María Sánchez todas as dúbidas que lles foron xurdindo. 
As condicións sanitarias non perminten que a escritora cordobesa poida estar connosco no IES, en persoa, pero as novas tecnoloxías farán posible este encontro entre lectores e autora.

martes, 22 de decembro de 2020

Clubs lectura no primeiro ciclo.


 


Imaxe dos dous grupos do 1º ciclo de ESO coa súa primeira lectura, A rapaza de tinta e estrelas, alá polo mes de outubro.


E aquí temos unha pequena representación, esta mesma mañá, sorríndonos coa mirada, felices de acabar o trimestre e poder gozar das vacacións e das lecturas que decidiron levar para as súas casas: o misterio e as aventuras foron as temáticas preferidas.

venres, 18 de decembro de 2020

Club de Lectura de profes


 O profesorado do Ramón M. Aller Ulloa tamén lemos por pracer. Facendo honra ao  nome do club, "Liches este?", deixámonos asesorar e escollemos La lluvia amarilla como a primeira das nosas lecturas. O debate posterior levounos a discutir por que Julio Llamazares escollera o amarelo como a cor que sobrevoa a vida dos protagonistas da historia, ou o porqué do uso que lle se lle dá á última bala. Falamos de morte, soidade, aldea, egoísmo...

E xa temos lectura para o nadal, Senlleiras, da burelá Antía Yáñez.

mércores, 2 de decembro de 2020

Á espera




























O alumnado de Bacharelato anda un pouco agoniado cos exames, e non todos atopan un oquiño para comentar a lectura, pero na reunión deste luns xurdiron, xa, algunhas cuestións que lles gustaría debater coa autora.

Esperemos que a situación sanitaria siga mellorando e poidamos ter esa esperada conversa con Antía Yáñez, no ano novo.

De momento, aproveitaremos esta longa fin de semana para avanzar na trama desta obra e adicar o nadal a unha nova lectura.