O profesorado do Ramón M. Aller Ulloa tamén lemos por pracer. Facendo honra ao nome do club, "Liches este?", deixámonos asesorar e escollemos La lluvia amarilla como a primeira das nosas lecturas. O debate posterior levounos a discutir por que Julio Llamazares escollera o amarelo como a cor que sobrevoa a vida dos protagonistas da historia, ou o porqué do uso que lle se lle dá á última bala. Falamos de morte, soidade, aldea, egoísmo...
E xa temos lectura para o nadal, Senlleiras, da burelá Antía Yáñez.
Que boa xuntanza (a pesar do exceso anafórico de Llamazares...). Por moitas outras!
ResponderEliminar