A min o libro non me acabou de gustar, porque aínda que había partes moi entretidas, como cando están buscando a rapaza desaparecida, outras fixéronseme máis aburridas, por exemplo cando nos conta historias que sucederon no pasado. É un libro cuxo argumento e trama non chegan a engancharme. María Villamarín
Non me gustou demasiado o libro A rapaza de tinta e estrelas porque me pareceu que era un pouco complexo para a miña idade, e nalgúns momentos facíaseme algo aburrido, aínda que tamén tiña partes boas, interesantes e con intriga, pero a min non me gustan os libros cun vocabulario tan extenso. Martín Díaz
A rapaza de tinta e estrelas pareceume un libro un pouquiño aburrido para a nosa idade, tiña unha linguaxe algo complicada e explicaba moito cada parte da historia. Facíaseme aburrido que o autor explicase tanto, pero gustoume a lenda que o pai lle contou a Isabel. Samuel Fernández
A seguir o mural sobre "A rapaza de tinta estrelas":
Ningún comentario:
Publicar un comentario