Poida que a celebración deste día non sexa máis que outra das múltiples campañas que nos animan a consumir, mais neste caso a Trama Irmau quere aproveitar o día para darlle as grazas á Librería Moito Conto por permitir aos seus lectores e ás súas lectoras remexer entre os libros, buscar, mirar e devolver ás mesas; por falarlles das obras que acababan de recibir; por comentarlles que libros estaban tendo tendo éxito entre os rapaces e as rapazas da súa idade; e ata por brindarse a facernos fotos ben xeitosas.
Así que, Moito Conto, moitas grazas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario