Co cambio de trimestre, Tarabelos I deixou as súas lecturas sobre actividades agrícolas e meteuse de cheo nunha tradición sarda, a das acabadoras. A lectura de Acabadora, de Michella Murgia, xa funcionara moi ben o curso pasado entre o alumnado de Bacharelato, por iso decidimos retomala, neste caso para 3º ESO. Ao mesmo tempo, seguimos falando de tradicións, mais trocamos Galicia por Sardeña, agora que estamos a piques de recibir as alumnas do Liceo Pitagora (Erasmus +).
E como case sempre falta alguén, nesta foto non aparece Manuel.
Ningún comentario:
Publicar un comentario