Os golpes de Luz chegaron á súa fin, e non o dicimos só porque decidira enterrar a súa arma de guerra (ou de defensa?) senón tamén porque o club de lectura se reuniu para comentar a novela. Non era sen tempo, mais o traballo docente que se acumula neste último trimestre impedía tal xuntanza. E aínda sen estar na imaxe todos os que son, "Liches este?" segue acollendo novas e novos integrantes.
As lectoras e os lectores foron críticos e, así como loaron a habilidade de Ledicia Costas para reflectir esa desinhibición das anciás cando din e fan o que pensan, sen pudor nin andrómenas; ou os excesivos coidados dos fillos, con Xulia prohibíndolle fumar a súa nai, ou mirando a alimentación de xeito case enfermizo; tamén deixaron algunhas dúbidas no aire, aspectos da escrita que non entenderon e que esperamos lles poida explicar a escritora nalgún momento.
Aquí vos deixamos unha foto da reunión:
Tamén podedes botarlle unha ollada á nosa guía de lectura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario