Rewind é o termo cinematográfico escollido por Juan Tallón para titular a súa novela, a obra que lemos no club de lectura de profesorado durante o Nadal.
A reunión non foi posible ata este luns 14, e tampouco nos puidemos xuntar moitos, pero deu lugar a uns cantos debates interesantes. Aquí vos deixamos os tres aspectos máis comentados:
- Rewind, anglicismo que dá título a unha obra en español: é necesario? Como o pronunciamos?
- É o terrorismo (nomeadamente o relacionado co mundo islámico) un tema xa demasiado recorrente na literatura actual?
- Aparece a historia de Emma de maneira moi forzada na trama xeral?
Ningún comentario:
Publicar un comentario