venres, 8 de outubro de 2021
xoves, 24 de xuño de 2021
Ao fío da excursión a Portomoraín do Club de electura
Ao fío da excursión a Portomarín do Club de lectura, recibimos no blog Trama Irmau tres interesantes reflexións sobre a novela que motivou a viaxe, O misterio de Portomarín, e outra sobre a propia viaxe.
![]() |
| "Primeiro Portomarín e logo Castrelo do Miño..." |
Gustoume moito o libro "O misterio de Portomarín" xa que me tira moito este tipo de libros e a súa trama, cada vez que pasaba ao seguinte capítulo do libro enganchábame máis. Pareceume un libro moi bo e entretido, sobre todo ao final, xa que ten moita intriga e éntrache máis curiosidade sobre o que vai pasar despois. Recomendo esta obra ao 100%, tanto para adolescentes como para persoas máis vellas ca min.
Martin Díaz
A min este libro gustoume moito. A trama paréceme moi interesante e fai que te enganches ao libro. É unha obra adecuada para a nosa idade, xa que non ten un vocabulario moi complexo e está todo moi ben explicado e narrado. Tamén me gusta a presentación: tanto a portada do libro, como a distribución dos capítulos.
María Villamarín
O misterio de Portomarín gustoume moito porque
cada vez que rematabas un dos capítulos, este enlazaba co seguinte e sempre quedabas
coa intriga ata o final do libro. Tamén hai partes interesantes sobre a historia de
Portomarín, coma a historia do embalse de Belesar.
Samuel Fernández
Sobre a excursión
Samuel Fernández
Así mesmo o alumnado do Club de lectura elaborou unha completa reportaxe gráfica sobre o evento:
![]() |
| Á esquerda, as pedras numeradas de San Nicolao (Antón). Á dereita, o río Miño (Xiana) |
![]() |
| Ruta do Loio de Samuel e Xiana, respectivamente |
![]() |
| Á esquerda, igrexa de San Pedro (Samuel); á dereita, San Nicolao (Iris e Uxía) |
![]() |
| Á esquerda, Ponte da Retorta (Iris e Uxía); á dereita, fervenza (Samuel) |
![]() |
| Igrexa de San Nicolao, fachada e porta (Martín Díaz) |
![]() |
| Á esquerda, igrexa de San Pedro (María); á dereita, fonte fronte á igrexa (Martín Díaz) |
![]() |
| Casa onde apareceu o óso (María) e casa asolagada (Martín Díaz) |
![]() |
| Á esquerda, Hotel Ferramenteiro; á dereita, inicio da ruta do Loio (Iris e Uxía) |
![]() |
| Á esquerda, alambique (Carlos); á dereita, escalinata e capela das Neves (María) |
![]() |
| Á esquerda, xoaniña na lavanda (Antón); á dereita, flor de romeu (María) |
![]() |
| Á esquerda, marca de canteiro en San Nicolao (Antón); á dereita, igrexa de San Nicolao (Carlos) |
Á esquerda, fervenza (Carlos); á dereita, fervenza da Ruxidoira (Antón)
![]() |
| Carballo milenario (María) |
![]() |
| Ponte nova sobe a vella (María) |
![]() |
| A tropa do Club de lectura |
sábado, 19 de xuño de 2021
A excursión-premio do Club de lectura : na procura do Misterio de Portomarín
En vindeiros días poderemos ver na Marela as fotografías que eles mesmos fixeron desta xornada de cultura e ocio, Portomarín e a Ruta do río Loio deron para moitos momentos de diversión. Aquí vos deixamos un adianto.
xoves, 10 de xuño de 2021
Atxaga, a Oca e o Club de lectura ABCD
O curso está rematando, pero os integrantes de ABCD non queren deixar de asistir ás reunións do club, desta vez da man de Bernardo Atxaga e os relatos de Obabakoak. E xa que el mesmo explica "a modo de autobiografía" que, por veces, a nosa vida é coma o xogo da Oca, decidimos botar unha partidiña como grupo e ver se chegabamos ao recadro final desa oca nai. E chegamos!!!
Pedimos prestado un taboleiro, un superdado (para que "os fados", como di Atxaga, nos sexan propicios) e xogamos... Hoxe, a oca, símbolo de sabedoría, aunou lectura e xogo para estes cativos, o esperanzador futuro da nosa biblioteca.E con vídeo!
sábado, 29 de maio de 2021
O Encontro con Antía Yáñez : os actos
O venres, 28, tivo lugar o dobre encontro programado dos Clubs de lectura con Antía Yáñez, ao fío da lectura de Senlleiras por parte dos Club de Bacharelato e do profesorado e d'O misterio de Portomarín polo Club de 1º e 2º da ESO.
E cos máis cativos:
![]() |
| Posando co Club de lectura de 1º e 2º da ESO |
As fotos, como non, son de Carlos, iso si, coa colaboración de Uxía.
venres, 28 de maio de 2021
VIII Concurso Literario Mª Vitoria Taboada : acto de entrega de premios
Hoxe tivo lugar a entrega de premios do VIII Concurso Literario Mª Vitoria Taboada, e por segunda vez o acto de entrega estivo condicionado polas medidas anti-COVID-19. Agardamos o próximo curso poder celebrar a entrega de premios co cerimonial que se merece.
No entanto, puidemos contar coa impagable presenza de Antía Yáñez que lles fixo entrega ás persoas premiados dos agasallos:
Lembramos as persoas gañadoras:
1º premio na categoría de poesía, ANDREA SEGADE ROZAS polo conxunto de poemas titulados, respectivamente, “Alma ambulante”, “Soños” e “Aparencias”.
![]() |
| Antía Yáñez facendo entrega a Andrea do seu premio |
1º premio na categoría de relato curto, ANA NOVO CUÑARRO polo relato "Natureza".
![]() |
| Ana co premio entregado por Antía Yáñez |
Accésit na categoría de relato curto, VICENTE JOSÉ MOSQUERA VALERO polo relato titulado "A primeira visita do Camiñante do Abismo ao seu fogar.
![]() |
| Vicente co premio recibido de mans de Antía Yáñez |
![]() |
| Posando Con Antía tras recibir os seus premios |
Lembrar que o libro cos textos premiados está en proceso de elaboración, pendente das ilustracións do alumando do Bacharelato de Artes.
luns, 24 de maio de 2021
Encontro con Antía Yáñez
O venres, 28 de maio, terá lugar o agardado Encontro coa escritora Antía Yáñez por parte do Club de Lectura ao abeiro da lectura das novelas Senlleiras e O misterio de Portomarín, e dentro das actividades conmemorativas do 17M.







































