Cal Ave Fénix, o Club de lectura de familias, LeA Casa, renace neste 2022 despois de tres anos paralizado por culpa da pandemia da Covid 19.
Nesta primeira xuntanza da nova normalidade só catro nais puideron acudir á reunión, pero algunha ata viña coas anotacións feitas durante a lectura. La lluvia amarilla, de Julio Llamazares, foi a obra seleccionada para comezar o curso e Golpes de Luz, de Ledicia Costas, para acabar o ano.
Á espera das recensións que nos cheguen destas catro lectoras, deixámosvos unha foto das catro: